16/03/2010
O Observatorio da Seguridade da Información de INTECO publica un novo artigo enmarcado dentro a serie "Caderno de notas do Observatorio". Nel preténdese dar a coñecer un dos sistemas que existen para analizar e monitorizar os modos de ataque a través de Internet. Para iso os investigadores sérvense de ferramentas coñecidas como honeypots: computadores ou redes de computadores que solicitan información sobre ataques, deixando que os agresores accedan a un computador ou sistema, e deixen pegadas dos medios e accións que realizan, para infectar e controlar ordenadores para, desde eles, realizar diversos tipos de accións maliciosas como enviar spam ou recoller información confidencial dos computadores dos usuarios atacados.
Descarga directa do artigo en castelán Honeypots, monitorizando aos atacantes.
Dispoñible tamén desde a sección Notes i articles de l’Observatori.