De cotío convén asegurarmos de que a información reflectida nun documento está tal e como se publicou e que, polo tanto, temos acceso á información orixinal.
Este é o obxectivo da sinatura mediante PGP dalgunhas das páxinas HTML do servidor de INTECO, que calquera usuario poida comprobar que a información non se modificou. Para realizar isto, pódense empregar diversas técnicas matemáticas, entre elas a criptografía de chave pública e o programa PGP.
A criptografía de chave pública baséase na existencia de dúas chaves
ou funcións matemáticas coa principal característica de que unicamente é posible descodificar unha mensaxe empregando a chave complementaria. Chámase de chave pública porque se mantén en segredo unha delas, mentres que a outra faise pública e calquera persoa pode acceder a ela.
No momento de asinar un documento, este asínase coa chave privada e calquera pode, empregando a chave pública, comprobar que o documento non se modificou, xa que calquera modificación no texto faría que a comprobación da mensaxe non fora correcta.
Existen diversos programas que nos permiten asinar dixitalmente os documentos. Para a sinatura das páxinas HTML do servidor optouse por empregar o programa PGP. Este programa foi un dos primeiros aparecidos que permitían aos usuarios asinar e codificar documentos. En unha longa e interesante historia e existen versións de dominio público para case tódalas plataformas e sistemas operativos, o que permite comprobar que as páxinas non se modificaron en calquera sistema operativo.
Existe outro mecanismo denominado SSL/TLS que permite manter conexións seguras e autenticadas dende navegadores WWW coma Mozilla Firefox ou Internet Explorer, dun xeito ata máis transparente e directa có mecanismo empregado por INTECO. O problema que ten este sistema é que precisa que tódalas operacións criptográficas se realicen para cada conexión que se estableza, o que enlentece a conexión. O sistema empregado no servidor de INTECO, aínda que non tan transparente ao navegador, soamente asina as páxinas unha vez (cando se modifican dende INTECO), e as páxinas asinadas cárganse á mesma velocidade cás páxinas que non están asinadas.
GPG é unha función libre e gratuíta do estándar OpenPGP. Existen versións que se poden descargar para Microsoft Windows e Linux entre outros. A continuación amósase un exemplo de validación empregando GPG.
Arquivo -> Gardar comoe seleccionar a opción
Páxina Web, só HTML. En Internet Explorer 7 debemos premer en
Páxina -> Gardar comoe seleccionar a opción
Páxina Web, só HTML. En Mozilla Firefox a operación é idéntica á empregada na versión 6 de Internet Explorer.
A continuación, debemos importar a chave pública de INTECO, par ao que deberemos executar o seguinte comando:
gpg --keyserver pgp.rediris.es --recv-key 84970D98
Para finalizar, executaremos o seguinte comando para validar a páxina descargada anteriormente, substituíndo nombre_archivo pola ruta á devandita páxina:
gpg --verify nombre_archivo
Se a verificación é correcta, veremos unha mensaxe parecida á seguinte:
gpg --verify home_inteco.html
gpg: Signature made Wed Feb 21 13:56:46 2007 using RSA key ID 84970D98
gpg: Good signature from "Inteco, S. A.
En caso contrario, obteremos unha mensaxe de erro:
gpg --verify home_inteco_modificada.html
gpg: Signature made Wed Feb 21 13:57:48 2007 using RSA key ID 84970D98
gpg: BAD signature from "Inteco, S. A.