Inteco.es é un dominio en Internet cuxa titularidade corresponde ao Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación S.A. (en adiante INTECO), sociedade anónima estatal adscrita á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, co nº de CIF A24530735.
O emprego do sitio Web implica a expresa e plena aceptación das condicións aquí expostas, sen prexuízo das condicións particulares que se poidan aplicar a algúns dos servizos concretos ofrecidos a través do sitio Web.
INTECO resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de emprego, así como calquera outra condición particular.
Tódolos elementos que forman o sitio Web, así como a súa estrutura, deseño e código fonte da mesma, son titularidade de INTECO e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.
Prohíbese a reprodución total ou parcial dos contidos deste sitio Web, así como a súa modificación e/ou distribución sen citar a súa orixe ou solicitar previamente autorización.
INTECO non asumirá responsabilidade algunha derivada do uso por parte de terceiros do contido do sitio Web e poderá exercer tódalas accións civís ou penais que lle correspondan no caso de infracción destes dereitos por parte do usuario.
INTECO comprométese a cumprira súa obrigación de secreto con respecto aos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios deste sitio Web, e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptaranse as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Do mesmo xeito, informaráselle de que vostede pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición conforme ao artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, mediante notificación a INTECO S.A. con domicilio social en C\ Moisés de León Nº 57, Edificio Bordadores II (24006, León) xuntando unha copia do seu DNI.
O sitio Web de INTECO emprega cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio Web por parte do usuario.
As cookies empregadas no sitio Web teñen, en calquera caso, carácter temporal e desaparecen ao terminar a sesión do usuario. En ningún caso empregaranse as cookies para recoller información de carácter persoal.
Os enlaces contidos neste sitio Web poden dirixir a contidos Web de terceiros. INTECO non asume responsabilidade algunha polo contido, informacións ou servizos que poidan aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre INTECO e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.