INTECO
03/06/2011
O Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO) e Anova IT Consulting (ANOVA), publican a Guía sobre videovixilancia e protección de datos persoais, na que se analizan os requisitos legais que se deben seguir á hora de instalar un sistema de videovixilancia.
O documento, que está dispoñible para a súa consulta nas páxinas web de ambos os organismos www.inteco.es e www.anovagroup.es respectivamente, proporciona as claves para entender o funcionamento e emprego da videovixilancia.
A imaxe das persoas, na medida en que poida ser identificada ou identificable, constitúe un dato de carácter persoal e o seu tratamento inadecuado pode supor un risco para a privacidade e intimidade das mesmas. Por iso, expóñense os bens xurídicos afectados por esta práctica, a normativa aplicable, os principios e regras xerais que se aplican á videovixilancia, as obrigas para os responsables e os dereitos dos cidadáns que son gravados.
A partir desta base identifícanse diferentes aplicacións, como a captación de imaxes nunha comunidade de veciños, nun evento deportivo, nun establecemento comercial, ou no contexto do control do desempeño dos traballadores nunha empresa, entre outros. Para cada un destes casos, concrétanse as obrigas de emprego de sistemas de videovixilancia que establece a normativa de protección de datos, así como as que en cada caso poidan indicar normativas específicas.