INTECO
13/04/2011
Na actual sociedade do coñecemento, os avances tecnolóxicos en redes e sistemas posibilitan que a información se poida xerar, copiar, enviar e recibir desde calquera lugar e en calquera momento. Estes aspectos son vitais para o funcionamento das empresas e converten a información nun activo de gran valor na toma de decisións.
O coñecemento da xestión do ciclo de vida da información e o establecemento de plans, normas e políticas de almacenamento da información e de seguridade dos datos, asegura un control e xestión da información eficiente.
Por iso, a Guía sobre almacenamento e borrado seguro de información aborda diferentes cuestións: por que se debe controlar a información na empresa, como se almacena esta información nos dispositivos de almacenamento máis comúns, en que consiste a recuperación en caso de perda e qué debe facerse se quere eliminar de modo permanente a información.
Dispoñible a guía completa en castelán e inglés e a recensión da mesma en catalán, vasco, galego e valenciano.