INTECO
11/02/2010
O Observatorio da Seguridade da Información de INTECO, como parte dun proxecto conxunto coa Universidade Politécnica de Madrid (UPM), publica unha serie de 12 guías co obxectivo de servir de axuda aos usuarios á hora de configurar a privacidade e manter a seguridade dos seus perfís nas principais redes sociais.
A análise estrutúrase conforme os tres momentos clave nos que é posible identificar riscos para a seguridade e privacidade neste tipo de plataformas abertas:
A información utilizada para a elaboración destas guías foi directamente obtida nos sitios web de cada unha das redes sociais analizadas. Teñen como finalidade ser unha axuda para os usuarios destes servizos, sen pretender, en ningún caso, substituír a información e soporte ofrecidos por parte das propias plataformas.
Descarga directa en castelán das Guías de axuda para a configuración da privacidade e seguridade das redes sociais.