INTECO
27/07/2010
O Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), publican a Guía sobre seguridade e privacidade da tecnoloxía RFID que elaboraron conxuntamente como resposta á proliferación destes sistemas en elementos da vida cotiá dos cidadáns.
Nesta guía –elaborada polo Observatorio da Seguridade da Información–, dispoñible desde hoxe nas páxinas Web de ambos os organismos (www.inteco.es e www.agpd.es respectivamente), analízase o funcionamento desta tecnoloxía, os tipos de dispositivos existentes na actualidade e os seus usos e aplicacións principais.
Así mesmo, recóllense de forma destacada os riscos existentes en materia de seguridade, privacidade e protección de datos no emprego e implantación dos dispositivos de identificación por radio frecuencia, en diversos eidos, e as garantías esixibles para previlos.
Dispoñible a guía completa en castelán e inglés e a recensión executiva do estudio en catalán, éuscaro, galego e valenciano.