INTECO
22/10/2010
O Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO) e Anova IT Consulting (ANOVA), publican a Guía para o uso seguro do DNI electrónico en Internet, coa que pretenden amosar a funcionalidade que achega o DNI na súa versión electrónica para a realización de trámites administrativos e comerciais a través de Internet.
O documento (que xa pode consultarse nas páxinas web de ambos os organismos www.inteco.es e www.anovagroup.es respectivamente) proporciona as claves para o funcionamento e emprego do DNI electrónico e analiza a protección que brinda fronte a ataques a través da Red.
Por último, a guía explica como a sinatura electrónica ou a certificación de documentos con DNIe ofrecen ao usuario unha garantía de identidade, xa que implican o cumprimento duns criterios de seguridade e privacidade.
Dispoñible a guía completa en castelán e inglés e a recensión da mesma en catalán, éuscaro, galego e valenciano.