INTECO
25/02/2011
A Web 2.0 é un novo modelo de comunicación na Rede que pon ao dispor dos usuarios unha serie de ferramentas e plataformas (redes sociais, foros, wikis, etc.) para que estes creen e/ou compartan contidos. A súa funcionalidade, dinamicidade e facilidade de uso fan que estas ferramentas se teñan incorporado rapidamente ao estilo de vida actual, sumándose ás formas de comunicación tradicionais.
A Guía de introdución á Web 2.0: aspectos de seguridade e privacidade nas plataformas colaborativas describe as principais plataformas colaborativas e o seu papel nas relacións sociais, educativas ou profesionais.
O documento incide nos principais riscos presentes neste modelo de comunicación e as súas particularidades de funcionamento e expansión. Como contrapartida, proporciónanse as claves para actuar neste medio seguindo unhas pautas de privacidade e seguridade, distinguindo os diferentes papeis que pode adoptar un actor na Web 2.0.
Dispoñible a guía completa en castelán e inglés e a recensión da mesma en catalán, vasco galego e valenciano.