INTECO
08/03/2011
O desenvolvemento das tecnoloxías da información, sobre todo no relativo á interactuación entre os usuarios e mobilidade, fixo posible o desenvolvemento de ferramentas e aplicacións enfocadas á xeolocalización. Hoxe en día os usuarios gozan de dispositivos GPS que os orientan nos seus desprazamentos ou aplicacións de redes sociais que permiten recomendar a outros usuarios un lugar especial en tempo real e con datos de localización exactos.
A Guía sobre seguridade e privacidade das ferramentas de xeolocalización publícase co obxectivo de achegar o lector a este eido: en que consiste a xeolocalización, cales son os seus elementos característicos, en que tecnoloxías se apoia ou cales son os seus usos e aplicacións principais.
Tras esta introdución, a guía aborda os riscos de seguridade e privacidade existentes na xeración, transmisión e recepción de datos de xeorreferenciación. Por último, proporciónanse unha serie de recomendacións acerca da configuración destas ferramentas, que o usuario pode adoptar para asegurar o uso responsable e seguro da información vinculada á localización.
Dispoñible a guía completa en castelán e inglés e a recensión da mesma en catalán, vasco, galego e valenciano.