INTECO
14/10/2011
Cloud computing, ou informática “na nube”, é unha proposta tecnolóxica ou modelo que permite ofrecer servizos informáticos a través de Internet, no que os recursos, o software e os datos ofrecésense baixo demanda. O obxectivo deste novo modelo é que a empresa ou o usuario final non teñan que preocuparse polos detalles técnicos e poidan empregar calquera aplicación co seu navegador web.
Esta proposta ofrece grandes posibilidades para todo tipo de organizacións, tanto en termos de investimento como en economías de escala, deslocalización, acceso á información desde calquera lugar, continuidade de negocio, etc.
A Guía para empresas: seguridade e privacidade do cloud computing amosa os diferentes niveis de nubes, o xeito en que se despregan os servizos, así como o marco legal de referencia, deténdose nas principais implicacións en cuanto a seguridade e privacidade, claves para asegurar o éxito no emprego de servizos de cloud computing.
Finalmente, a Guía inclúe un capítulo que resume os principais pasos que toda empresa ou entidade debe adoptar para “dar o salto á nube”.
Dispoñible a guía completa en castelán e inglés e a recensión da mesma en catalán, vasco, galego e valenciano. Así mesmo, o videotutorial da guía pódese visualizar desde a sección Multimedia do Observatorio.