INTECO
28/01/2009
Con motivo do Día Europeo de Protección de Datos, o Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO), na súa misión de promover e difundir a cultura da seguridade da información e sensibilizar e informar sobre a protección de datos persoais, publica a Guía para entidades locais: como adaptarse á normativa sobre protección de datos (guía íntegra en formato pdf como documento asociado ao final desta noticia) , que foi elaborada polo Observatorio da Seguridade da Información de INTECO coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias e a Axencia Española de Protección de Datos.
Esta guía ten como obxectivo resolver dúbidas e axudar aos profesionais dos Concellos, Deputacións, Consells e Cabildos insulares na implantación da normativa e cumprimento das obrigacións derivadas da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) e o novo Regulamento de Desenvolvemento (RDLOPD). Os gobernos locais, como administracións que manexan e tratan datos de carácter persoal dos cidadáns, están obrigadas a asegurar a través dos seus profesionais o dereito fundamental á protección dos seus datos persoais recoñecido pola Constitución Española.
A elaboración da guía constitúe un paso máis dentro do compromiso de INTECO e o seu Observatorio coa protección de datos e a seguridade da información e a súa vocación de servizo ás administracións públicas, en especial ás entidades locais, que vén manifestando a través da publicación do Estudo sobre a seguridade dos datos de carácter persoal no ámbito das entidades locais españolas, o Estudo sobre a Seguridade da Información e eConfianza no ámbito das entidades locais, a Guía legal sobre Videovigilancia, a Guía legal sobre Protección de Datos de Carácter Persoal e a Guía legal sobre privacidade e segredo nas telecomunicacións.
Descarga directa en castelán da Guía para entidades locais: como adaptarse á normativa sobre protección de datos.