INTECO
18/12/2009
O Observatorio da Seguridade da Información de INTECO fai públicos os resultados da novena ondada do Estudo sobre a seguridade da información e a e-confianza dos fogares españois, correspondente ao 2º trimestre de 2009. Coa publicación do informe, actualízase a serie temporal ata a metade do ano 2009.
Unha vez máis, o estudo ofrece un diagnóstico rigoroso da situación dos fogares españois no que se refire á seguridade da información e a e-confianza: que ferramentas de seguridade están instaladas nos equipos, que tipo de hábitos prudentes se observan na navegación, en que medida está a afectar o malware aos ordenadores e cales son as demandas que os usuarios españois de Internet fan á Administración. Estas son algunhas das preguntas ás que o informe intenta dar resposta.
O obxectivo último é o impulso do coñecemento e seguimento dos principais indicadores e políticas públicas relacionadas coa seguridade da información e a e-confianza. Así, o informe pretende servir de apoio no deseño e execución de políticas públicas por parte da Administración, así como na adopción de medidas pola industria e os propios usuarios.