INTECO
04/12/2006
A evolución cara a tecnoloxías de terceira xeración está a facer moito máis atractivo este campo e prevese un aumento dos riscos de seguridade da telefonía móbil.
Non cabe dúbida de que a chegada das tecnoloxías móbiles e inalámbricas e a súa constante evolución revolucionou nos últimos anos a forma na que nos comunicamos e traballamos. A proliferación de dispositivos e aplicacións móbiles trouxo consigo o incremento, constatado, da produtividade e eficiencia das empresas, erixíndose como unha das ferramentas tecnolóxicas fundamentais para a mellora da produtividade corporativa. Con todo, unha das principais barreiras que atopan as empresas no uso destas tecnoloxías, é a seguridade dos datos. Os servizos móbiles que xa están dispoñibles ou que o estarán nun futuro próximo deberían estar soportados por sistemas que limiten ao máximo as posibilidades de intrusión, propagación e roubo de datos para uso fraudulento.