INTECO
08/01/2008
Nos últimos anos Internet converteuse nun medio para informarse, para aprender, para comunicarse, para xogar,? non só para o público adulto, senón que cada vez son máis os menores acceden con normalidade á Rede. Xunto aos enormes beneficios que achega o uso de Internet a nenos e adolescentes, do mesmo xeito habemos de ser conscientes da existencia dalgunhas ameazas. Neste sentido, tanto pais como educadores están preocupados pola relativa facilidade coa en ocasións os menores poden acceder a contidos ilícitos e inapropiados aloxados en páxinas web.
Dando resposta a esta inquietude, no seguinte artigo ofrecemos unha serie de consellos, así como técnicas de filtrado e ferramentas de control parental que, sen dúbida, servirán de axuda para que pais e titores poidan vixiar e controlar a que tipo de contidos acceden os nosos fillos a través de Internet, e deste xeito mellorar a súa e-confianza.