INTECO
09/04/2008
Internet é un medio de comunicación e relacións sociais. Estes usos están especialmente estendidos entre os menores. Así, nenos e adolescentes utilizan a Rede non só para buscar información útil nas súas tarefas escolares senón tamén como forma de entretemento, para manter o contacto cos seus amigos, sendo a mensaxería instantánea un dos servizos máis utilizados. Xunto aos enormes beneficios que achega o uso destes servizos aos menores, debemos ser conscientes da existencia dalgunhas ameazas. Neste sentido, tanto pais, como educadores, pasando polas empresas prestadoras e as administracións e corpos e forzas de seguridade, están preocupados pola relativa facilidade coa que, en ocasións, os menores poden toparse con persoas descoñecidas e/ou con obxectivos ilícitos ou espurios mentres usan estes servizos de mensaxería.
Dando resposta a esta inquietude, no seguinte artigo o Observatorio ofrece unha serie de consellos que, sen dúbida, servirán de axuda para que pais e titores poidan vixiar e controlar o modo en que os menores establecen relacións sociais e comunicativas a través de Internet.
Dispoñible o articulo en castelán.