Líneas de actuación
Seguridade
INTECO desenvolve os seguintes proxectos no eido da seguridade tecnolóxica orientados a prestar servizo aos Cidadáns e PEMES:
- Centro de Resposta a Incidentes en Tecnoloxías da Información para PEMES: ten como principal misión a de acadar un desenvolvemento sólido do tecido empresarial español mediante a provisión ás PEMES de servizos reactivos, preventivos e formación en materia de seguridade.
- Centro de Alerta Temperá Antivirus (CATA)CATA): ten como principal misión a concienciación en materia de seguridade. Para iso, dende o 2001, ofrece alertas, información, ferramentas de protección gratuítas e informes diarios de seguridade sobre os últimos códigos maliciosos aparecidos na Rede.
- Observatorio da Seguridade da Información: ten como principal misión a de analizar, describir, asesorar e difundir a cultura da seguridade e a confianza na Sociedade da Información, mediante a xeración de coñecemento especializado na materia, e a elaboración de recomendacións e propostas que permitan definir tendencias válidas para tomar decisións no eido da seguridade.
- Centro Demostrador de Seguridade para a PEME: ten como principal misión potenciar o emprego das tecnoloxías relacionadas coa seguridade nas PEMES españolas. Para iso, proporcionará un catálogo de solucións de seguridade informática que axude a cubrir as súas necesidades e apoiar o seu desenvolvemento.
Accesibilidade
INTECO desenvolve os seguintes proxectos no eido da accesibilidade orientados a garantir o dereito dos cidadáns e das empresas a relacionarse de xeito electrónico coas AAPP:
- Centro de Referencia en Accesibilidade e Estándares Web: ten como principal misión a de promover as técnicas de construción de sitios Web na Administración Pública tendo en conta os requisitos de accesibilidade, facilidade de uso e adopción de estándares de construción, como medio para mellorar a experiencia do usuario e garantir a igualdade de oportunidades no acceso á información. Para iso, revisará o grao de accesibilidade e cumprimento de estándares das páxinas Web pertencentes á AGE, ofrecerá soporte e formación, realizará estudos de observatorio e desenvolverá unha área de I+D+i que asegure a adecuación das mesmas ás leis vixentes na materia.
Calidade do Software
INTECO desenvolverá os seguintes proxectos no eido da Calidade do Software:
- Calidade do Software: dispoñer dun software de calidade constitúe un factor estratéxico para as empresas españolas, por iso, INTECO promove a creación dun Laboratorio de Calidade do Software mediante a posta en marcha dun grupo de traballo no que interveñen INTECO e empresas relevantes do sector, cuxos obxectivos principais son, entre outros:
- O estudo e diagnostico da situación de partida e o impacto que ten a calidade do software na competitividade do sector das TIC.
- A posta en marcha dun Laboratorio de Calidade do Software.
- A promoción do proceso de creación de empresas de TIC en rexións con escasa ou nula tradición tecnolóxica.
- Formación: a formación é un factor determinante para atraer empresas, por iso, INTECO promove a formación de universitarios e profesionais no eido das tecnoloxías máis demandadas pola industria en cooperación coa Universidade de León, mediante o lanzamento dos seguintes cursos de formación avanzada en TIC:
- Formación de especialistas en tecnoloxía JAVA.
- Formación en xestión de procesos de negocio (BPM) e xestión de contidos empresariais (ECM).
- Formación en tecnoloxía SAP.