Acceder ou consultar parte da información publicada sen necesidade de visitar a páxina mediante un navegador.
En cada un dos listados de contidos móstrase un enlace para se subscribir, na parte superior e inferior.
Todos estes enlaces atópanse dispoñibles en Contidos RSS
Un exemplo deste enlace dentro dos listados (Actualidade INTECO) é o seguinte:
Mediante un léctor ou agregador no que deberás empregar os enlaces que proporcionamos.
É unha aplicación ou sistema que facilita a subscrición ou sindicación a varios contidos, dunha ou de varias páxinas á vez. Poden ser aplicacións de escritorio, instaladas e funcionando no sistema operativo ou ben sistemas web que ofrecen funcións similares.
Accede a cada enlace al que te hayas suscrito/sindicado para mostrar la información publicada, normalmente con un enlace para consultar dicha información de forma ampliada.
A continuación, ofrecémosche algúns enlaces para distintos sistemas operativos ou ben mediante páxina web.
Imaxina que normalmente visitas 6 ou 7 páxinas web que pola súa temática, cada vez que tes a posibilidade de facer uso de Internet, queres consultar as súas últimas novas ou actividades. Abres o teu navegador e, ben directamente co enderezo ou a través dos marcadores/favoritos, visítaas unha por unha. Se cada unha delas ofrece a posibilidade de se subscribir/sindicar aos seus contidos, a través dos enlaces de subscrición e o teu léctor ou agregador, poderías consultar as novidades de todas elas facendo simplemente uns clics. Non precisarías navegar por todas elas e dentro da mesma aplicación/ventá.
O formato das subscricións é Atom 1.0. É un documento baseado en XML que enumera unha información coñecida coma feeds
. Estes feeds están compostos por un número de entradas ou de ítems que poden ir acompañados dun conxunto de metadatos. Por exemplo, cada entrada posúe o seu propio título. O maior uso deste formato é a subscrición/sindicación de contidos web coma weblogs ou páxinas de novas de xeito directo. RFC 4287